Aunque en geocaching.com hay muchos eventos, aquí puedes ver todos los eventos organizados por nosotros.
También están aquí todos los eventos a los que hemos asistido y a los que asistiremos.
Así que, nos vemos en estos eventos…

- Este evento ha pasado.
CITO – Día da Terra na Vía Verde
sábado, 23 de abril de 2022 , de 11:00 a 13:00

O día 22 de abril celébrase o Día da Terra. É unha conmemoración que se relaciona coa importancia do planeta e todas as formas de vida que habitan nel. É un día para xerar conciencia sobre o impacto que xera a contaminación, a importancia de coidar a biodiversidade e a responsabilidade ambiental do home. Os CITO de Geocaching teñen un propósito similar, por eso imos celebrar o día da Terra percorrendo un tramo da antiga vía que está preparada para ser a 3ª Vía Verde de Galicia.
Cache In Trash Out® (CITO) é unha iniciativa medioambiental apoiada pola comunidade de geocaching. Os eventos CITO, ademais de ser incriblemente beneficiosos para o medio ambiente permítennos reunirnos con outros geocachers que comparten a mesma inquietude por como estamos tratando o noso planeta, a nosa casa.
Por favor, segue as regulacións das autoridades de saúde pública máis recentes, trae unhas bolsas para o lixo e luvas.
Programa
O percorrido ten aproximadamente 4,5 km, dificultade cero e apto para todos os públicos.
10:30h Estación de Oroso – Vilacide. Punto de encontro e traslado ao inicio da ruta
10:45h Saída cara a estación da Garga – Trasmonte
11:00h Inicio do CITO
13:00h Finalización do CITO na estación de Oroso – Vilacide
Este evento permíteche:
Obter un recordo do CITO 2022 Tempada 1
Poderás firmar como atopado o Locationless Cache: «Let’s improve the outdoors» – GC8NEAT