fbpx

Aunque en geocaching.com hay muchos eventos, aquí puedes ver todos los eventos organizados por nosotros.

También están aquí todos los eventos a los que hemos asistido y a los que asistiremos.

Así que, nos vemos en estos eventos…

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

GeoMaios

5 de mayo , de 11:45 a 12:15

Historia dos Maios 

A festa dos Maios é unha festa popular galega, típica de Ourense, Vilagracía de Arousa e Redondela. A esta celebración atribuíanselle connotacións rituais totémicas á divinidade primaveral ou dos árboles. As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a festividade celta de Beltane, que marcaba o comezo do verán. Finalmente, o cristianismo implantouna en festas relixiosas, polo que a maioría dos ritos pasaron a ser festas en honra da Virxe María.

Normalmente, a celebración en Galiza consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios). Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe en día por diñeiro. É costume facer competicións, premiando ás mellores esculturas e coplas.

Os maios máis destacábeis e os que protagonizan a festa son clasificábeis en: maios figurados; en forma de cono ou de calquera outra forma, e os maios humanos; nenos ou adultos cubertos de pólas, follas, flores…

As coplas ou cantigas distribúenese entre as tradicionais, que son aprendidas ano tras ano e as actuais, que recollen feitos actuais e críticas políticas, estas últimas as máis vistas na actualidade. As coplas están en follas soltas que se venden ós asistentes.

Evento

Reunirémonos para festexar a chegada da primaveira e gozar desta antiga tradición.

Haberá unha ​​​​​woodcoin do evento.

  1. 11:45 – Benvida
  2. 12:15 – Comezo do paseo polos maios (Rúa Lamas Carvajal e Rúa do Paseo)
  3. 12:45 – Liceo de Ourense; pazo do século XVI: intercambio de rastreábeis, woodcoins…
  4. 13:30 – Pechamento

 

Praza maior
Ourense, 32003 España
+ Google Map

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *